B2B para empresas

Transforma o teu comercio por xunto e sorprende aos teus clientes

Deseña as túas experiencias de compra B2B nunha plataforma personalizable co respaldo do proceso de pagamento con mellor conversión
Cuadrícula de tres imaxes que mostran unha cadeira moderna, un almacén e unha experiencia de compra de comercio electrónico sinxela
  • bareMinerals
  • Sodastream
  • Dusk
  • Carrier
  • YETI
  • Grenade

Crea experiencias de comprador personalizadas

Venda por xunto adaptada a cada cliente con catálogos seleccionados, escaparates personalizados, condicións de pagamento flexibles e un portal de autoservizo personalizable

Unifica toda a túa tecnoloxía

Shopify intégrase cos teus ERP e a túa pila tecnolóxica existente para ofrecerche a posibilidade de crear as túas propias solucións personalizadas

Aforra tempo e reduce custos

Unha plataforma potente que che permite xestionar o teu negocio B2B e B2C desde un único panel de administración, e incluso unha soa tenda, por unha fracción do custo

Vendas B2B

Percorrido do comprador excepcional

Crea experiencias de venda por xunto de primeira clase con potentes funcións B2B integradas directamente no núcleo de Shopify
Atende as necesidades de cada cliente
Representa empresas con múltiples compradores e localizacións, e xestiona os permisos de compra con facilidade. Ofrece unha experiencia integral con publicación de produtos e prezos a medida, regras de cantidade e condicións de pagamento.
Deseña potentes experiencias de escaparate
Personaliza o contido para cada comprador B2B e B2C con temas listos para usar, personalizacións flexibles baseadas en Liquid ou escaparates headless para un control total mediante as nosas API: a elección é túa.
Sorprende aos clientes coas compras de autoservizo
Os clientes poden facer pedidos e xestionar as súas propias contas de xeito doado usando un portal intuitivo e personalizable, o que aumenta as vendas e as marxes.
Potencia os teus representantes de vendas
Desbloquea a capacidade do teu equipo de vendas para dar soporte aos clientes asignados, tomar os seus pedidos e impulsar os ingresos con permisos do persoal exclusivos.

Operacións de venda por xunto

Control total sobre a túa pila tecnolóxica

Integra a pila tecnolóxica de comercio que xa tes con todo o que precises da plataforma de Shopify

Integracións perfectas

Conecta o teu CMS, OMS, ERP e outros sistemas para sincronizar o teu contido, pedidos e inventario con integracións sólidas de partners líderes como Acumatica, Microsoft Dynamics 365, Celigo e moitos máis

Funcións potentes ao teu alcance

Accede a funcións B2C de eficacia probada transformadas para B2B, incluíndo lotes de produtos e promocións, automatización de fluxos de traballo e o maior ecosistema de aplicacións do comercio

Personalización e flexibilidade infinitas

Vai máis aló dos escaparates headless cun proceso de pagamento e un portal de conta de cliente totalmente ampliables, combinados con datos personalizados mediante metacampos e unha lóxica empresarial personalizada a través de Shopify Functions
unha icona do logotipo da bolsa de Shopify conectada a varias aplicacións lóxicas nunha pila tecnolóxica, que á súa vez está conectada a un ecosistema de software ERP

Velocidade e eficiencia

Comercio B2B deseñado para a velocidade

Os negocios móvense rápido: non deixes que a tecnoloxía obsoleta te free. Shopify permíteche enviar máis rápido e en maior cantidade cunha plataforma de comercio deseñada para a velocidade e a innovación

Lanzamento en tempo récord

Pasa de cero a recibir pedidos en cuestión de semanas, non meses, grazas á nosa plataforma combinable e escalable a nivel global que fomenta a innovación rápida

A opción preferida dos programadores

Cunha incrible variedade de API, unha potente CLI e un modelo de aplicacións para crear e implementar, Shopify é a opción ideal para os programadores

B2B e B2C nun só lugar

Xestiona o teu B2B e B2C desde unha única plataforma para mellorar a coherencia da marca, optimizar as operacións comerciais e reducir a débeda tecnolóxica

Funcións B2B

Funcións de venda por xunto empresarial integradas directamente no núcleo de Shopify

Experiencia de compra personalizada

Personaliza o teu escaparate e o proceso de pagamento para cada cliente.

Perfís de empresa

Representa múltiples compradores e localizacións con niveis de permiso, condicións de pagamento, exencións fiscais e métodos de pagamento exclusivos.

Catálogos específicos para cada cliente

novo

Ofrece unha experiencia de compra seleccionada con catálogos de produtos asignados a un comprador ou a unha localización específicos.

Regras de cantidade

Crea regras condicionais específicas para clientes aplicadas a produtos e variantes, que inclúan mínimos e máximos, paquetes de caixas e incrementos.

Prezos por volume

Implementa de xeito doado reducións de prezo por cantidade para conseguir que os teus clientes B2B merquen en maiores cantidades.

Personalización da tenda

novo

Optimiza a experiencia para os clientes B2B mostrando o contido relevante á audiencia adecuada nunha soa tenda.

Escaparates headless

novo

Obtén o control total sobre a túa experiencia de compra cas API de Shopify e as ferramentas para programadores xunto coa túa pila tecnolóxica.

Solucións B2B personalizadas

Crea a solución que necesita o teu negocio co noso conxunto de API B2B e aplicacións compatibles.

Fluxos de traballo optimizados

Moderniza as túas operacións con potentes ferramentas de automatización para axilizar os procesos en todas as túas marcas e sitios.

Automatizacións de fluxos de traballo

novo

Shopify Flow, a nosa ferramenta de automatización propietaria, agora fai máis polo B2B xa que admite empresas e as súas localizacións, para que poidas asignar condicións, enviar facturas e moito máis.

Solicitudes de conta de empresa

novo

Usando Shopify Forms, engade un formulario de solicitude de conta á túa tenda. A información do comprador gárdase automaticamente como empresa para que poidan comprar ao por xunto en canto a aprobes.

Permisos de representantes de vendas

novo

Engade os representantes de vendas como persoal no panel de administración cos permisos necesarios para que só accedan aos clientes asignados e fagan pedidos no seu nome.

Pasar por caixa a borrador

Simplifica os fluxos de traballo e os orzamentos coa capacidade de enviar as compras a revisión na túa tenda en liña e aprobalas antes de preparalas.

Tema optimizado para B2B

novo

Acelera a configuración da túa tenda cun tema listo para usar deseñado especificamente para a venda por xunto e preconfigurado coas nosas funcións B2B avanzadas.

Números de orde de compra

Rexistra os números de orde de compra nos pedidos e no proceso de pagamento para velos posteriormente no panel de administración, dentro das contas de cliente e na API de pedidos.

Compras de autoservizo

Escala as túas operacións coa compra en liña por parte dos clientes e o seguimento de pedidos para unha xestión da conta automática.

Pedidos por xunto rápidos

novo

Móstralles aos compradores unha lista de todos os produtos e variantes para que poidan pedir tamaños, cores e moito máis facilmente desde as páxinas de produtos ou desde un formulario de pedido independente.

Opcións de pagamento flexibles

Axiliza o proceso de pedidos con condicións de pagamento e a posibilidade de enviar facturas para o seu cobro.

Pedir de novo facilmente

Fomenta a repetición de pedidos facilitando aos compradores que volvan pedir compras pasadas directamente desde a súa conta de cliente.

Tarxetas de crédito gardadas de forma segura

Acelera os pagamentos gardando de xeito seguro as tarxetas de crédito dos clientes nos teus rexistros para o seu uso no proceso de pagamento, en borradores de pedidos e no pagamento de facturas.

Pagamentos con PayPal

novo

Os clientes B2B agora poden pagar pedidos e facturas con PayPal e conciliar os pagamentos automaticamente no panel de administración.

Descontos personalizados

novo

Ofrece descontos promocionais que se sumen aos prezos da venda por xunto, adaptados aos teus compradores B2B.

Descubre como Shopify está a cambiar a mentalidade B2B

Who Gives a Crap

Without having a great system behind our B2B channel, it would be much harder to work out which products and customers are working best and make the right decisions to enable more growth

Por que Shopify

Deseñada para axilizar a complexidade empresarial

Máis de 20 anos de experiencia en comercio fan que as empresas B2B de rápido crecemento confíen en Shopify

Soporte empresarial

Conta con máis de 300 horas de consultas técnicas de lanzamento e actividades presenciais

Escalabilidade sen límites

Grazas ao límite de frecuencia de API de administración 20 veces superior, nunca terás que preocuparte por tocar teito

Ecosistema de partners

Accede ás solucións perfectas que che farán destacar a través da nosa ampla rede de axencias de partners e IS

Coa confianza dos líderes do sector

Un líder de comercio B2B
recoñecido

Shopify axudou a empresas líderes a atopar o seu camiño cara o éxito
Logotipos de Forrester, IDC, Gartner e G2 Crowd

Fai que o teu seguinte movemento conte.
Fala cun experto

Non deixes que os desafíos empresariais te freeen. Xuntos, podemos acadar mellores resultados de negocio.