Xerador de nomes de empresas
Crea un nome de empresa xerado por IA e reclama o dominio en segundos
Os resultados están xerados por IA e deben revisarse antes de utilizalos. Es responsable do uso que fagas de calquera resultado.
Ponlle nome á túa empresa en 3 sinxelos pasos
01 Busca
02 Selecciona
03 Vende
Ponlle nome á túa empresa en 10 segundos ou menos
O creador de nomes de empresas en 10 segundos
Leva anos crear unha gran marca, pero podes ter un nome de marca creativo en segundos. O xerador de nomes de empresas gratuíto de Shopify permíteche pasar de darlle nome á túa marca a garantir o nome de dominio, ata comezar a túa pequena empresa... todo cuns poucos clics.
Buscar un nome de empresa para a túa marca
Agora que tes a idea de negocio perfecta, a seguinte decisión que terás que tomar é escoller un nome de empresa que reflicta a túa marca ou os teus produtos. Sabemos que buscar un nome para a túa empresa non é unha tarefa doada, especialmente coa presión de facelo único á vez que desenvolves o resto da empresa desde cero. Non obstante, para manterte ao día, quererás seguir todos os pasos necesarios para atopar o nome perfecto que encaixe coa túa idea de negocio.
Para comezar e avanzar na dirección correcta, ten en conta estes tres factores importantes antes de crear un nome para a túa pequena empresa:
A túa marca: é importante que o nome da túa empresa reflicta o tipo de marca, os produtos ou os servizos que estás a desenvolver. Isto influirá na forma de comercializar e interactuar co teu público obxectivo e, co tempo, creará recoñecemento de marca.
O teu mercado: analiza produtos, servizos ou materiais de márketing similares dentro do teu sector e pensa no que fai que outras marcas sexan fáciles de lembrar. Despois, usa esa mesma perspectiva para pensar en que fará que a túa marca sexa única e destaque entre as demais.
Facilidade de busca: un bo nome de empresa é fácil de lembrar e atopar. Como resultado, quererás centrarte nas opcións de nomes que estean dispoñibles, a través do noso xerador de nomes de dominio, identificadores de redes sociais e oportunidades de SEO para que a túa empresa se poida atopar.
Se buscas un creador de nomes de empresas fácil de usar, o xerador de nomes de marca de Shopify axudarache a darlle nome á túa empresa ou tenda de comercio electrónico en 10 segundos ou menos. Todo o que tes que facer é describir a túa empresa nunha palabra, introducir esa palabra clave na barra de busca e o xerador de nomes fará o resto. Tes centos de ideas de nomes de empresas únicas para escoller, para que poidas comparar as túas favoritas e atopar un nome que resoe coa túa idea de negocio.
Como escoller un nome de empresa
O xerador de nomes de tendas en liña de Shopify deseñouse tendo en conta a sinxeleza e a creatividade. Ao usar o xerador de nomes de tendas, recibirás moitos nomes de empresas e dominios potenciais para a túa marca, pero depende de ti atopar o que mellor funcione. Saber que fai que un nome sexa o mellor non sempre é fácil, pero a medida que vaias repasando a túa lista de ideas de nomes de empresas creativas, aquí che explicamos como escoller o mellor para a túa marca:
Fai que o teu nome sexa fácil de lembrar: a capacidade dun cliente para lembrar o nome da túa empresa ten un gran impacto na súa visión do negocio. Desde cada parte do funil de márketing, ata atraer novos clientes e fidelizar aos existentes, todo está relacionado coa rapidez coa que un cliente potencial lembra o teu nome.
Branding: o teu nome será o modelo para todas as decisións que tomes ao desenvolver a túa marca no futuro. Co tempo, o teu logotipo, slogan e proposta de valor poden cambiar, pero é extremadamente difícil cambiar de nome sen perder parte da forza da túa marca en liña. Escolle un nome que poida evolucionar coa visión a longo prazo para a túa marca.
Claridade: un nome sinxelo, claro e directo será moito máis atractivo e doado de lembrar para os clientes. Se non entenden a túa marca inicialmente, é menos probable que a lembren máis tarde. Os bos nomes de marca non precisan de moita explicación. Aínda que debe ser claro, tamén ten que poder adaptarse aos cambios. Os nomes que falan dun tema moi concreto ou fan referencia directa a un produto específico poderían limitar as túas opcións máis adiante. Asegúrate de avaliar se a idea de nome da túa empresa permitiría o crecemento e a entrada noutros sectores adxacentes.
Orixinalidade: os clientes non lembrarán o nome dunha marca se non é distinto aos demais. O branding atractivo consiste en diferenciarte da túa competencia e iso comeza cun nome de empresa xenial e único. Un nome de marca único que capte a atención dun cliente será recordado máis adiante.
Dispoñibilidade: por último, pero non menos importante, debes asegurarte de que o nome da túa marca non estea rexistrado por outra persoa. Deixando de lado os riscos legais, outra marca co teu nome (ou un similar) pode xerar confusión entre os clientes e prexudicar a túa reputación en liña. Isto tamén é aplicable ao teu nome de dominio. O teu nome de dominio debe ser tan fácil de lembrar como o nome da túa empresa e doado de asociar coa túa marca. Cando escollas un nome, asegúrate de comprobar a dispoñibilidade do dominio e reclamar un dominio funcional o antes posible coa axuda do noso xerador de nomes de dominio.
Atopar o mellor nome para a túa empresa non ten por que ser complicado. Co xerador de nomes de marca de Shopify, facilitámosche coñecer as túas opcións creativas, sen esquecer todo o demais que necesitas para facer medrar a túa empresa. En canto descubras como escoller un nome de empresa, estarás un paso máis preto de lanzar a túa marca soñada en liña.
Ideas de mostra de nomes de empresas para inspirarte
Para ofrecerche unha visión máis detallada dos bos resultados que podes obter co xerador de nomes de empresas en liña para o teu negocio en crecemento, recompilamos esta lista de exemplos de nomes de empresas que reúnen as calidades ideais que se mencionaron anteriormente: únicos, fáciles de buscar, claros e fáciles de lembrar. En canto teñas unha selección de nomes, terás que determinar cales encaixan mellor coa túa marca en xeral, se se poden rexistrar para usar na túa rexión e se hai un nome de dominio adecuado dispoñible.
- Spa Paragon
- GameDay Catering
- Exploration Kids
- Yoga Professor
- Darwin Travel
- Party Plex
- Pizza Factor
- Acorn Crafts
Que fai que os nomes dos comerciantes de Shopify teñan éxito?
A nosa enquisa aos comerciantes de Shopify descubriu miles de nomes de empresas incribles e únicos que impulsan o éxito das tendas en liña de todo o mundo. Un gran nome pode traballar arreo pola túa marca, mesmo antes de que os clientes visiten o teu sitio web.
Os nomes baseados en frases comúns adoitan ser moi fáciles de lembrar e Monkey's Uncle non é ningunha excepción, xa que achega lixeireza e diversión a esta tenda de camisetas estampadas con sede en Pensilvania. Esta frase adoita usarse para expresar sorpresa e pracer, o que é perfecto para unha tenda con deseños de camisetas únicos.
"Motivados polo noso fillo Brayden, a quen lle diagnosticaron autismo con tres anos, sabiamos que necesitariamos flexibilidade para as visitas ao médico e as citas de terapia", comenta o propietario, Derrick Morgan. "Combinamos o noso amor polos deportes e todo o retro para facer realidade o noso soño de ter unha pequena empresa. A Brayden encántanlle todas as películas de animación, e hai unha escena na película Madagascar onde un mono e un pingüín están a discutir. O pingüín di: «I'll be a monkey's uncle!» [Expresión equivalente a «Abraiado me deixas!»], co que Brayden morría da risa cada vez que o vía. Pensamos que sería un nome bonito para unha tenda e que faría que a xente preguntase por el".
FAQ sobre o xerador de nomes de empresas
Comeza con Shopify
3 días gratis
Amplía a túa proba por 150円
Gaña ata 1.250.000円 en crédito
Aceptas recibir correos electrónicos de márketing de Shopify.